Ecogarden Galicia conta cunha dilatada experiencia na execución de Obras Públicas. Levamos a cabo proxectos dunha gran esixencia técnica nos que temos demostrado un alto grao de eficacia e profesionalidade.
Aplicamos toda a nosa experiencia para garantir a máxima calidade, cumprindo os prazos propostos e a aplicación dos sistemas e solucións construtivas máis eficientes para cumplir co proxecto. Realizamos diversas obras de concesión pública en todo o territorio galego, destacando os paseos, pasarelas, escaleiras e outros accesos realizados en madeira, tanto tratada como termotratada.
Ademais deseñamos e executamos a contorna de grandes empresas, o acondicionamento de xardíns e parques nas principais cidades galegas e grandes obras de bioenxeñería en espazos naturais protexidos.