a field in summer is a sprinkler watering

Instalación de sistemas de rego

Realizamos todo tipo de instalacións de rego, así como reformas en instalacións existentes, arreglo de averías, posta a punto incluíndo regulación e limpeza de aspersores e calquer outro servizo referente ao rego.

Para unha maior automatización traballamos cunha aplicación móbil gratuíta pensada para o control de módulos de gama residencial e profesional. Esta controla de forma remota programadores grifo, a batería, eléctricos e módulos de automatismo, xa sexan Wifi o Bluetooth.

Para a correcta instalación do sistema de rego é preciso realizar un proxecto previo, no que se teñen en conta o caudal dispoñible, así como as distintas zonas que se van regar, para así instalar aspersores, difusores ou rego por goteo. Nós estudiamos o seu xardín, realizando un proxecto e propóndolle a mellor solución, executando posteriormente o rego cos programadores, aspersores ou difusores máis axeitados para as súas condicións.

Se xa ten un rego, pero non funciona correctamente, contacte con nós e estudaremos o seu caso, propóndolle a reforma máis axeitada para a súa instalación, sempre aproveitando ao máximo os elementos instalados anteriormente. Tamén realizamos ampliacións de rego, adaptándonos ao rego xa existente, así como á posta a punto anual de todo o sistema de rego do xardín.

Dende a nosa liña de xardinería ecolóxica traballamos para ofrecer un sistema de rego eficiente que favoreza un consumo responsable da auga, xa que esta é un ben necesario e escaso.