https://ecogardengalicia.es/wp-content/uploads/2020/08/IMG_2712-scaled-e1597827330278.jpg

Horta

O noso persoal goza de ampla experiencia e formación no campo da agricultura ecolóxica, tanto na creación de hortas e plantacións como a nivel formativo.

Para a creación da túa horta ecolóxica realizaremos un estudo no que analizaremos os elementos físicos e humanos que condicionarán a vida da mesma. Experémosche un deseño no cal se adaptarán os cultivos ao tipo de clima e ao solo optando por plantar aquelas variedades que encaixan mellor coa contorna. Empregamos abonos ecolóxicos e incluímos nos nosos deseños  unha área de compostaxe onde facer uso dos propios materiais de refugallo (follas frescas, flores vellas, ramas podadas…). Para protexer os cultivos de pragas ou herbas adventicias, deseñamos unha correcta asociación de plantas mellorando o rendemento da horta e optimizando o espazo dispoñible

Do mesmo xeito se o que buscas é a realización dunha plantación asesorámoste na selección de especies autóctonas, a plantación, poda e outros coidados das mesmas.