https://ecogardengalicia.es/wp-content/uploads/2020/08/Depositphotos_118266204_ds-min-scaled.jpg

Deseño e creación de xardíns residenciais

A partir das necesidades estéticas que demande o seu xardín, podemos axudarlle a proxectar un espazo acorde cos seus gustos persoais. O noso departamento técnico indicaralle as especies vexetais que máis se adaptan ao terreo e á climatoloxía da zona. En todo momento será asesorado polos nosos técnicos, que lle indicarán as últimas tendencias no campo do paisaxismo e que empregarán modernos programas informáticos para realizar un deseño acorde ás súas necesidades.

Unha vez adaptadas as posibilidades do lugar ás súas preferencias estéticas e iniciativas persoais, procederemos á transformación da contorna para plasmar o deseño orixinal no hábitat paisaxista soñado. Os movementos de terra, a instalación do rego, a aportación de gravas decorativas, mobiliario de xardín, elementos de iluminación e as plantacións iranse sucedendo ata a finalización do seu proxecto.

Entre os nosos servizos ofertamos a xardinería ecolóxica, co obxectivo de aconsellar e asesorar no cambio gradual dende a xardinería convencional a unha xardinería sostible e ecolóxica que recupere o uso de especies autóctonas e variedades locais, contribuíndo así á mellora da contorna.