top of page

Deseñando o futuro da xardinería

SERVIZOS

Deseño e execución, sistemas de rega, mantemento, ecosistemas acuáticos, podas e mobiliario de xardín, Obra Pública

SECTORS

Xardíns Residenciais, Podas e Arboricultura, Obra Pública, Mantemento

Deseño e creación de xardins
residenciais

A partir das necesidades estéticas que demande o seu xardín, podemos axudarlle a proxectar un espazo acorde cos seus gustos persoais. O noso departamento técnico indicaralle as especies vexetais que máis se adaptan ao terreo e á climatoloxía da zona. En todo momento será asesorado polos nosos técnicos, que lle indicarán as últimas tendencias no campo do paisaxismo e que empregarán modernos programas informáticos para realizar un deseño acorde ás súas necesidades.

Mantemento de xardíns

As tarefas adecuadas á evolución natural e controlada do jardín, permiten que a contorna permaneza dinámica e fermosa en todo momento.

Segas, podas, recortes, escardas, tratamentos… permiten a evolución do xardín dentro dos parámetros para os que foi concibido. A nosa empresa conta con persoal especializado para a execución de tódalas tarefas encauzadas á boa conservación do xardín, tanto se seleccionas a modalidade tradicional como se elixes os nosos servizos de xardinería ecolóxica.

Obra Pública

Ecogarden Galicia conta cunha dilatada experiencia na execución de Obras Públicas. Levamos a cabo proxectos dunha gran esixencia técnica nos que temos demostrado un alto grao de eficacia e profesionalidade.

Aplicamos toda a nosa experiencia para garantir a máxima calidade, cumprindo os prazos propostos e a aplicación dos sistemas e solucións construtivas máis eficientes para cumplir co proxecto. Realizamos diversas obras de concesión pública en todo o territorio galego, destacando os paseos, pasarelas, escaleiras e outros accesos realizados en madeira, tanto tratada como termotratada.

Ademais deseñamos e executamos a contorna de grandes empresas, o acondicionamento de xardíns e parques nas principais cidades galegas e grandes obras de bioenxeñería en espazos naturais protexidos.

Servizos

01

Deseño e creación de xardíns

En todo momento será asesorado polos nosos técnicos, que lle indicarán as últimas tendencias no campo do paisaxismo e que empregarán modernos programas informáticos para realizar un deseño acorde ás súas necesidades.

02

Instalación de sistemas de rego

Realizamos todo tipo de instalacións de rego, así como reformas en instalacións existentes, arreglo de averías, posta a punto incluíndo regulación e limpeza de aspersores e calquer outro servizo referente ao rego.

03

Mantemento de xardins

As tarefas adecuadas á evolución natural e controlada do jardín, permiten que a contorna permaneza dinámica e fermosa en todo momento.

Segas, podas, recortes, escardas, tratamentos…

04

Creación de ecosistemas acuáticos

Contamos con persoal cualificado e con experiencia no deseño e construción de estanques, fontes, fervenzas, cursos de auga, xardíns acuáticos e humedais.

05

Mobiliario de xardín

Construímos e instalamos todo tipo de mobiliario de xardín (pérgolas de madeira, bancos, papeleiras, paneis informativos…), elementos de iluminación (faros, balizas, focos, proxectores acuáticos…) e mobiliario infantil (bambáns, tobogáns, areeiros…).

Proxectos

01

CONCELLO DE GUIDARIZ

02

RESIDENCIAL

03

XARDÍN

04

MANTEMENTO

Mais Traballos
bottom of page