http://ecogardengalicia.es/wp-content/uploads/2020/08/IMG-20170918-WA0022_phixr.jpg

Podas e arboricultura

A poda e arboricultura require persoal especializado e maquinaria específica para realizar os labores e evitar riscos innecesarios.

Para as tarefas de poda en altura contamos cos últimos sistemas de gabeado e acceso homologados para traballos na árbore, de xeito que podemos realizar calquer tipo de poda de xeito cómodo e seguro.

Facemos cortas controladas de exemplares en situacións complexas, desmontando a árboe por partes para evitar danos na área de traballo. No caso de árbores afectadas por especies invasoras como o picudo, que precisan tratamentos específicos, contamos con anos de experiencia tanto na corta como na xestión dos residuos da mesma.