https://ecogardengalicia.es/wp-content/uploads/2020/08/BioNova-7.jpg

Piscinas naturais

As piscinas naturais (tamén coñecidas como piscinas ecolóxicas ou biopiscinas) non empregan cloro nin outros produtos químicos, senón que depuran e purifican a auga do mesmo xeito que o fai a natureza: con plantas acuáticas, gravas e microorganismos beneficiosos.

Este sistema de depuración proporciónalle unha fermosa piscina natural con plantas adaptada e integrada dentro da paisaxe do seu xardín, que respecta o medio ambiente, consume menos enerxía e precisa menor mantemento que unha piscina convencional. Ademais, proporciónalle unha contorna fermosa e agradable na que desfrutar dun baño libre de produtos químicos, irritacións e alerxias.

Como colaboradores de BioNova contamos con ampla experiencia no deseño e construción de piscinas naturais, tralos seus máis de 25 anos e 1.000 piscinas construídas en todo o mundo. O sistema bionova mellora o proceso de depuración natural, facéndoo máis sinxelo, efectivo e adaptándoo ás necesidades do seu xardín e da súa familia.