http://ecogardengalicia.es/wp-content/uploads/2020/06/phoca_thumb_l_dsc03255.jpg

Creación de ecosistemas acuáticos

Contamos con persoal cualificado e con experiencia no deseño e construción de estanques, fontes, fervenzas, cursos de auga, xardíns acuáticos e humedais.

Un ecosistema agrupa moitas poboacións de especies animais e vexetais que comparten os recursos dun mesmo medio. Neste medio de vida, distínguese o conxunto dos seres vivos (prantas e animais), que constitúen a biocenose, e o ambiente xeolóxico (tipo de solo, clima e auga), que é o biotopo.

A asociación da biocenose e o biotopo constitúen un ecosistema, de xeito que a selección de tódolos elementos debe facerse de xeito respetuoso e eficiente, garantindo a supervivencia de tódolos elementos.